Modelo de Bateson-Dobzhansky-Muller

O modelo de Bateson-Dobzhansky-Muller[1] é un modelo da evolución da incompatibilidade xenética. A teoría foi descrita primeiramente por William Bateson en 1909,[2] e despois descrita independentemente por Theodosius Dobzhansky en 1934,[3] e finalmente elaborada por Herman Muller.

O modelo trata de explicar como se desenvolven as incompatibilidades entre especies estreitamente emparentadas sen que ningunha delas atravese un val adaptativo. Na súa forma máis simple o modelo mostra que cambios cómpre que se produzan en polo menos dous loci para causar unha incompatibilidade de híbridos, ou polo menos unha diminución da fitness entre os individuos de dúas poboacións ancestralmente idénticas, pero alopátricas. Isto está baseado na idea de que un novo alelo que se orixinou nun locus nunha poboación non debería causar diminución da fitness (excepto nun alelo) cando se sitúa nun fondo xenético idéntico da segunda poboación. Por tanto, debeu orixinarse outro alelo nun segundo locus, que é incompatible co primeiro.

Notas editar

  1. Dobzhansky, Bateson, and the genetics of speciation.
  2. Bateson, William (1909). "Heredity and variation in modern lights". Darwin and Modern Science: 85–81. 
  3. Dobzhansky, Theodosius (1934). "Studies on Hybrid Sterility. I. Spermatogenesis in pure and hybrid Drosophila pseudoobscura". Zeitschrift für Zellforschung und mikroskopische Anatomie 21: 169–221. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2016. 

Véxase tamén editar