Obxectivo

Este modelo fai que o índice de contidos se amose en forma de táboa horizontal no lugar de vertical. É axeitado para os artigos de listas e semellantes que teñan moitas seccións e cabeceiras.

Uso
{{TOC horizontal}}

Non é necesario especificar o código __NOTOC__ para agochar o índice automático, o modelo encárgase diso automaticamente.

Para agochar os números das cabeceiras:

{{TOC horizontal|nonum=yes}}

Para limitar a profundidade das cabeceiras para só empregar as de segundo nivel:

{{TOC horizontal|limit=2}}

Para centrar a táboa de índice:

{{TOC horizontal|align=center}}
Véxase tamén