Modelo:Se é muller/uso
Esta é a subpáxina de documentación de "Modelo:Se é muller". Contén información de uso, categorías e outros contidos que non forman parte do modelo orixinal. Atención: As ligazóns interwiki engádense no Wikidata. |
Obxectivo
editarServe para adaptar gramaticalmente o texto das fichas, ou doutros modelos, cando a persoa biografada é muller, baseándose na propiedade P21 obtida de Wikidata.
Uso
editar{{Se é muller|Texto se é muller|Texto se non é}}
Nota: No caso de que nun artigo biográfico se observe unha inesperada falta de concordancia automática de xénero, probablemente se deba a que na páxina de wikidata correspondente a ese artigo non se definiu a propiedade P21. Pode acceder a ela seguindo a ligazón «Editar as ligazóns» que aparece debaixo da lista de interwikis, na columna de ferramentas da esquerda, e unha vez alí engadir a propiedade que falta.