Mocidade pola Independencia
organización política da mocidade galega que se definiu como independentista, anticapitalista, ecoloxista e feminista
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2022.) |
A Mocidade pola Independencia (MpI) é unha organización política da mocidade galega que se definiu como independentista, anticapitalista, ecoloxista e feminista.
Mocidade pola Independencia (MpI) | |
---|---|
![]() | |
Historia | |
Fundación | 2018 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Independentismo galego Anticapitalismo Feminismo Internacionalismo Antifascismo Ecoloxismo |
Organización internaEditar
Mocidade pola Independencia foi fundada no ano 2018, e componse dunha rede de asembleas comarcais, as cales contan con autonomía á hora de levar a cabo accións e campañas.
CampañasEditar
A Mocidade pola Independencia ten realizado campañas a prol dun futuro digno para a mocidade, protestas contra o encarecemento da vida e a defensa dos dereitos da clase obreira ou co gallo do Día da Patria Galega.[1] Tamén ten participado de diferentes axitacións e campañas en defensa do monte galego e contra os lumes nos montes de Ourense.
NotasEditar
- ↑ "A Mocidade pola Independência demanda na rúa "crear un tecido propio de contrapoder popular"". Nós Diario. 24 de xullo de 2022. Consultado o 27 de xullo de 2022.