Fabio Frittelli, nado en Monfalcone o 24 de xullo de 1966 e finado en Udine o 6 de febreiro de 2013,[1] máis coñecido polo seu pseudónimo Mo-Do, foi un músico italiano de música electrónica, que acadou certa fama na década dos anos 1990. Malia ser italiano, as súas cancións estaban en alemán. O nome Mo-Do estaría orixinado nas iniciais da súa vila de orixe (Monfalcone) e do día do seu nacemento (Domenica, domingo en italiano) respectivamente.[2]

Mo-Do
Nome completoFabio Frittelli
Data nacemento24 de xullo de 1966
Nado enMonfalcone, Italia Italia
Falecemento6 de febreiro de 2013 (46 anos)
Ocupacióncantante
XéneroEurodance
Selo(s) discográfico(s)Dancing Ferret, ZYX Music, Metronome Records, Flex Records, Full Access
Tempo en activo1994–2000
Na rede
Spotify: 3Y42QTbwNJeqEVmrMknG0f Musicbrainz: 30aee0b1-7871-4c2f-97d4-7989cd5e9ee7 Songkick: 27104 Discogs: 33766 Genius: Mo-do Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Carreira editar

Frittelli comezou a súa carreira como Mo-Do tras coñecer ó produtor italiano Claudio Zennaro. Posteriormente traballou con outros produtores, en ocasións citados como membros do seu grupo, como Fulvio Zafret, Mario Pinosa e Sergio Portaluri.[3] O seu principal tema de éxito foi o sinxelo "Eins, Zwei, Polizei" (coproducido xunto a Zennaro e Zafret) que acadou o primeiro posto nas listas musicais de Alemaña, Austria e Italia.[4]

Suicidio editar

Frittelli apareceu morto no seu fogar en Udine o 7 de febreiro de 2013, ós 46 anos de idade. Segundo o informe policial, Fritelli suicidárase.[5]

Discografía editar

Álbum de estudio editar

Sinxelos editar

Ano Sinxelo Posición nas listas Certificacións
Álbum
ITA
[6]
AUT
[6]
FIN
[7]
FRA
[6]
DEU
[8]
NLD
[6]
SWE
[6]
CHE
[6]
1994 "Eins, Zwei, Polizei" 1 1 3 8 1 2 9 5 Was ist das?
"Super Gut" 11 1 30 26 20 18
1995 "Gema Tanzen"
1996 "Sex Bump Twist"

Notas editar

  1. "Udine: Fabio Frittelli (Mo-Do) trovato morto nella sua abitazione" (en italiano). Udine20.it. 23 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2015. Consultado o 7 de febreiro de 2013. 
  2. Last.fm - Mo-Do (en inglés)
  3. DiscoGS page about Mo-Do
  4. Hit Parade Italia
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2013. Consultado o 04 de xaneiro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 International peaks
  7. Finnish peak for "Eins, Zwei, Polizei"
  8. "German peaks". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 04 de xaneiro de 2017. 
  9. Austrian certifications, database ifpi.at (Retrieved 31 de agosto de 2008)
  10. "GOLD-/PLATIN-DATENBANK". Bundesverband Musikindustrie (en alemán). Consultado o 9 June 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar