Misato Katsuragi

personaxe de Neon Genesis Evangelion

Misato Katsuragi (葛城 ミサト Katsuragi Misato?) é unha personaxe ficticia da franquía Neon Genesis Evangelion, creada por Gainax. Ela é a directora de operacións de NERV, initialmente co rango de capitá, aínda que posteriormente é ascendida a comandante. En Rebuild of Evangelion, o rango de Misato é de tenente coronel. Os seus deberes en NERV inclúen actuar como comandante de campo para os pilotos dos Evas, emitindo ordes e retransmitindo estratexias de batalla, así como procesando información de Ritsuko Akagi e dos técnicos que monitorizan os Evas.

Misato Katsuragi
葛城 ミサト
Personaxe de Neon Genesis Evangelion
Primeira aparición "O ataque do Anxo"
Creador(es) Gainax
Hideaki Anno
Yoshiyuki Sadamoto
Voz orixinal Kotono Mitsuishi
Información
Sexo Feminino
Nacemento 8 de decembro de 1986
Familia Pen Pen (mascota)
Shinji Ikari (tutelado)
Asuka Langley Soryu (tutelado)
Residencia Toquio-3

Ó comezo da serie, Misato leva a Shinji Ikari até NERV e é quen de convencelo de que sexa o piloto do Eva Unidade 01. Posteriormente elixe acoller a Shinji na súa casa para que non teña que vivir só, e despois tamén acolle a Asuka Langley Soryu. A medida que progresa a serie, descobre a través do seu examante Ryoji Kaji a verdade sobre o Proxecto de Complementación Humana, así como os enganos argallados por NERV e SEELE para manter o Proxecto en segredo, mesmo dela.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar