Mirambel

Mirambel é un concello español da provincia de Teruel, Aragón, situado na comarca do Maestrazgo. A súa poboación era de 137 habitantes en 2004. Dista 113 km da cidade de Teruel.

Localización da comarca do Maestrazgo aragonés, na que se sitúa Mirambel

XeografíaEditar

Está localizado ao pé da Muela de Monchén e xunto ao río Cantabiella. A súa área municipal ocupa 45,42 km²..

HistoriaEditar

 
Igrexa de Mirambel.

Durante as guerras carlistas foi moi importante porque vivían na localidade altos cargos carlistas e era sede dalgúns dos seus centros oficiais como a Suprema de Aragón, Valencia e Murcia, nomeada polo mesmo pretendente Carlos María Isidro. Pío Baroja ambientou neste lugar a súa obra La venta de Mirambel.

MonumentosEditar

 
Casa Aliaga.

Mirambel posúe unha boa riqueza monumental. No casco urbano érguese a fortaleza medieval, con murallas. Ao pé da torre do portal das Monxas atópase a praza de Madre Consuelo, relixiosa e mestra, destacan as celosías do convento cunha roseta hexapétala en relevo, símbolo pagán solar protector relacionado coa cardincha pirenaica.

FestasEditar