Mirador del Tombo

Coordenadas: 43°10′16″N 4°54′13″O / 43.17111, -4.90361

O Mirador del Tombo é un miradoiro situado no concello castelán-leonés de Posada de Valdeón (León), nas proximidades da localidade de Cordiñanes, no Parque Nacional dos Picos de Europa. Foi inaugurado por Manuel Fraga en 1964.

Mirador del Tombo

Descrición editar

Situado no val de Valdeón, na estrada que une as localidades de Posada de Valdeón e Caín, a 50 metros do río Cares. No lugar eríxese unha cruz de ferro e unha columna de pedra sobre a que descansa a escultura dun rebeco, realizada por José Luis Coomonte. Conta ademais cun gran gravado no que se enumeran todas as cimas que se poden observar desde o miradoiro.

O miradoiro foi inaugurado o 10 de agosto de 1964 polo ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga, e está adicado a Julián Delgado Úbeda, expresidente da Federación Española de Montañismo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar