Miquel Llor
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
Miquel Llor i Forcada, nado en Barcelona o 3 de maio de 1894 e finado en Tossa de Mar o 2 de maio de 1966, foi un escritor catalán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1894 Barcelona, España |
Morte | 2 de maio de 1966 (71 anos) Barcelona, España |
Causa da morte | arteriosclerose |
Actividade | |
Ocupación | escritor, tradutor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarNaceu no seo dunha familia humilde e quedou orfo de nai cando era un rapaz, o que xunto coa deformación física que sufría, causada por unha desviación da columna vertebral vano converter nun neno retraído e solitario.
No ano 1923 asiste a un curso de lingua e literatura catalá que organizaba a Mancomuninade de Cataluña e impartía Jordi Rubió i Balaguer, director da Biblioteca de Catalunya e que van ser fundamentais na súa dedicación á escritura, logo de rematalos inscríbese na sección de literatura do Ateneo de Barcelona e escribe a súa primeira novela, Història grisa, que se publicou en 1925, unha novela psicolóxica e pesimista.
Traballa como delineante ata 1928, ano no que comeza a traballar na sección de cultura do concello de Barcelona, e a partir de 1934 ocúpase da revisión dos escritos en catalán que emitía o concello.
Na súa segunda novela, Tàntal (1928), fai un retrato psicolóxico dun home inadaptado e marxinado pola sociedade.
En 1930 escribe a obra de teatro, Pas de núvols e o libro de relatos L'endemà del dolor. De 1931 é a súa obra máis coñecida, Laura a la ciutat dels sants, obra na que confronta a Laura, barcelonesa culta e refinada co mundo hipócrita e hóstil da ciutat de sants, nunha análise próxima ao realismo social, no que reflicte o tema do inadaptado. En 1934 sae do prelo a colección de contos, L'esguard al mirall. Outras novelas destes anos foron L'oreig al desert (1934) e El premi a la virtut (1935).
Tras a guerra íllase do seu mundo interior e pasa uns anos sen poder traballar no concello, ata que o readmitan uns anos despois, publica unha obra en castelán, La venganza del señor Lobo e non volverá a publicar en catalán ata 1947 cando aparece El somriure dels sants, que pretende ser unha segunda parte de Laura a la ciutat del sants, pero nunha clave máis tradicional. Outras obras dos últimos anos son Joc d'infants (1950), Tots el contes (1952) e Un camí de Damasc (1959).
Miquel Llor traduciu a autores como Giovani Verga, André Gide ou Alberto Moravia.