Milladoiro SD

equipo galego de fútbol

O Milladoiro Sociedade Deportiva é un club de fútbol da vila do Milladoiro (Ames), fundado en 2001. En 2024 contaba con dezaseis equipos de oito categorías diferentes.

Milladoiro SD
NomeMilladoiro Sociedade Deportiva
Fundación10 de maio de 2001
EstadioCampo municipal do Milladoiro
Na rede
https://milladoirosd.com/
Facebook: S.D.Milladoiro Twitter: sdmilladoiro_ Instagram: milladoiro_s.d Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

O equipo fundouse na primavera de 2001 da man de Carlos Rivas, Jose Manuel Guldís "Josecho", e a comisión de festas da vila. A primeira directiva, ata 2005, formárona Alejandro Marcuño, Juan Calvo Raña e Antonio Lamas Quintela. Tras unha campaña de promoción formáronse equipos dende a categoría benxamín até o equipo sénior, que iniciou a súa andaina na Terceira Galicia.

Inicialmente, o Polideportivo do Milladoiro acolleu os encontros de fútbol sala, e os equipos de fútbol xogaban no campo das Penedas, en Ventín, mentres que os partidos de fútbol 7 se xogaban en campos designados pola delegación compostelá da Federación Galega de Fútbol. Dende 2011 as categorías de fútbol xogan no campo municipal do Milladoiro.

O escudo do club está inspirado nun azulexo da capela da Magdalena, cunha cuncha de vieira e a cruz de Santiago sobre fondo branco, detallado en azul mariño e vermello.