Mike Mullane

astronauta estadounidense

Richard Michael "Mike" Mullane, nado en Wichita Falls, Texas, o 10 de setembro de 1945, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-41-D, STS-27 e STS-36.[1][2]

Mike Mullane
Datos persoais
Nacemento10 de setembro de 1945
LugarWichita Falls
Actividade
MisiónsSTS-41-D, STS-27 e STS-36
Tempo no espazo14,85 días
PremiosCruz de Voo Distinguido e Medalla do Aire
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Mullane graduouse en enxeñaría militar pola Academia Militar dos Estados Unidos en 1967 e é máster en enxeñaría aeronáutica polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea en 1975.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, participando nas misións STS-41-D, STS-27 e STS-36 e pasando un total de 14,85 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Mullane, Richard Michael 'Mike'" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xaneiro de 1996). "RICHARD M. MULLANE (COLONEL, USAF, RET.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar