Miguel o Valente

Miguel o Valente (en romanés, Mihai Viteazul, en húngaro Vitéz Mihály), nado en 1558 e finado o 9 de agosto de 1601, foi un voivoda de Valaquia (1593-1601), Príncipe de Transilvania (1599-1600) e de Moldavia (1600).

Miguel o Valente
MihaiViteazul.jpg
Nacemento15 de xaneiro de 1558
 Oraşul de Floci
Falecemento19 de agosto de 1601
 Câmpia Turzii
SoterradoOraşul de Floci e Dealu Monastery
NacionalidadePrincipality of Wallachia
RelixiónCristianismo ortodoxo
OcupaciónConducător
PaiPătrașcu o Bom
NaiTeodora Cantacuzino
CónxuxeDoamna Stanca
FillosNicolae II Patrascu e Domnița Florica
Michael the Brave signature, June 9 (19), 1593.svg
editar datos en Wikidata ]
Gravado de Miguel o Valente

Durante o seu reinado, que coincidiu cunha guerra entre os Habsburgo e os otománs, ese tres principados que forman o territorio da actual Romanía e a República de Moldavia, uníronse por primeira vez baixo un mesmo dirixinte romanés, aínda que a unión durou apenas seis meses. Aínda así, Miguel o Valente é considerado un grande heroe nacional en Romanía, e a súa figura é invocada no himno de Romanía.