Miguel Flaño

futbolista español

Miguel Flaño Bezurnartea, nado en Pamplona o 19 de agosto de 1984, é un futbolista profesional navarro, que xoga como defensa. O seu irmán xemelgo Javier tamén é futbolista profesional, e ambos medraron no CA Osasuna.

Miguel Flaño
Información persoal
Nome Miguel Flaño Bezunartea
Nacemento 19 de agosto de 1984 (39 anos)
Lugar de nacemento Pamplona
Altura 1,77 m.
Posición Defensa central
Carreira xuvenil
Osasuna
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001–2004 Osasuna B 70 (2)
2019 Córdoba 9 (0)
Selección nacional
2001 España sub-16 7 (1)
2001 España sub-17 4 (0)
2002 España sub-19 1 (0)
2005 España sub-23 2 (0)
Na rede
FIFA: 183850 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 8 de xuño de 2019.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Flaño formouse nas categorías inferiores do Osasuna. Fixo a súa estrea no primeiro equipo o 18 de setembro de 2004, na vitoria por 3-2 na casa contra o Real Betis,[1] rematando a súa tempada de debut con oito partidos disputados. Con tan só 17 anos empezou a xogar regularmente co filial na terceira división.

O 9 de xuño de 2007, Flaño marcou o seu primeiro gol co Osasuna, na vitoria por 5-0 fronte ao Betis.[2] Ademais xogou tres encontros na Copa da UEFA, onde o Osasuna chegou ata as semifinais.

A partir de entón converteuse nunha peza fundamental da defensa navarra, á vez que o seu irmán xemelgo Javier, que foi titular de 2005 a 2007, gradualmente perdeu a súa importancia, deixando o equipo tras a tempada 2008-09, onde Miguel marcou catro veces en 33 partidos, axudando o equipo a salvar a categoría. En agosto de 2009 renovou o seu contrato co Osasuna ata 2013.[3]

O 7 de xuño de 2012, Flaño renovou de novo o seu contrato co Osasuna, ata o ano 2017.[4]

Notas editar

  1. Savo Milosevic vuelve a decidir para Osasuna; El Mundo Deportivo, 19 de setembro 2004 (en castelán)
  2. Real Betis 0–5 Osasuna Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine.; ESPN Soccernet, 9 de xuño de 2007
  3. Miguel Flaño renueva con Osasuna tres años más; Marca, 6 de agosto de 2009 (en castelán)
  4. Miguel Flaño renueva con el Osasuna hasta junio del 2017; Diario AS, 7 de xuño de 2012 (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar