Miguel Alonso
Miguel Alonso Fernández, coñecido como Miguel Alonso, nado en Ferrol o 12 de xuño de 1984, é un psicólogo, músico e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1984 (40 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | psicólogo, músico, escritor |
Sitio web | miguelalonso.gal |
Traxectoria
editarEstudou no Rodolfo Ucha Piñeiro e licenciouse en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Conta con varios discos publicados. Deuse a coñecer con Aprendiz de poeta (maqueta), seguiu con Está escrito en la calle e despois A noite dos cans.
Como poeta e escritor de relatos curtos participou en diferentes publicacións colectivas, como Pegadas, Dez Anos na Porta e Aldeas sen voz.[1]
Traballa en obradoiros para colexios, como “CreaCANcións” onde compón cos alumnos cancións.[2] Traballa no proxecto Minguante, unha mestura de pop e música de autor, con Óscar Martínez, e coa banda infantil Música Miúda, contacontos musical, xunto a Irene Quinteiro, Manu Pazos e Óscar Martínez.[3]
Obra literaria
editarNovela
editar- O caso Quintana (2017). 224 páxs. Vigo: Belagua Ed. ISBN 9788494175183. Protagonizada pola estudante de Psicoloxía Laura Mariño
- O caso dos amantes de París (2021). Vigo: Belagua Ed. 184 páxs. ISBN 978-84-121433-7-9. Un dobre asasinato cometido ás portas da residencia universitaria Monte da Condesa levará o nome da estudante de Psicoloxía Laura Mariño ás portadas dos xornais.
Poesía en castelán
editar- Mentiras y lunas (2004).[4]
Obra musical
editar- Aprendiz de poeta (maqueta)
- Está escrito en la calle (2001)
- Luz de guía (2007) (autoedición)[5]. Con Víctor Méndez e Javier Santana.
- A noite dos cans (2010). 12 cancións en galego.[6]
- O día despois da noie dos cans (2013). 4 cancións en galego. Edición dixital.
- Como dioses de alquiler (2014). 10 cancións en caselán.[7]
- Manual de saudades (2015). Musicalización de poemas de Xavier Frías. Disco incluído no libro do mesmo título.
- Literaria (2018). 11 cancións en galego.[8]
Dirección
editar- Once máis 15. Poemas musicados (2009). Edicións do Cumio. 15 bandas e solistas que musicaron a 11 poetas en galego.[9]
Premios
editarNotas
editar- ↑ "O caso dos amantes de París Miguel Alonso". BELAGUA EDICIONES (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Miguel Alonso Canción con todos". www.cancioncontodos.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Miguel Alonso: “A música é moi importante nesta segunda novela e tamén hai unha gran crítica social”". Diario de Ferrol. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "CABIRIA BAR: CONCERTO PRESENTACION NOVO DISCO MIGUEL ALONSO". www.ghastaspista.com. Consultado o 2022-03-13.[Ligazón morta]
- ↑ 5,0 5,1 P, Redacción. "El cantautor ferrolano Miguel Alonso ganador del certamen «Lidera Ferrol 2013» con su canción «Días raros»". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "A Noite Dos Cans Canción con todos". www.cancioncontodos.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Como Dioses De Alquiler Canción con todos". www.cancioncontodos.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Miguel Alonso - Discografía". miguelalonso (en castelán). Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Once máis 15 - Los Pequeños Seres". www.lospequenosseres.com (en castelán). Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Música de cantautor con premio al último disco". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-11-23. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "O musico, Miguel Alonso, canta no Torrente Ballester". Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas. 2011-03-22. Consultado o 2022-03-13.