MightySat-2

(Redirección desde «MightySat-2.1»)

MightySat-2 ou MightySat-2.1 foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos usado para facer diversos experimentos no espazo, continuando a misión de MightySat-1. Foi lanzado o 19 de xullo de 2000 mediante un foguete Minotaur 1 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[1][3]

MightySat-2 / MightySat-2.1
MightySat-2 no espazo.
TipoDemostrador tecnolóxico.
OrganizaciónForza Aérea dos Estados Unidos[1]
Data de lanzamento19 de xullo de 2000[2][3][4]
Foguete portadorMinotaur 1[1][3]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[3][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[3][5]
Decaemento12 de novembro de 2002[2]
NSSDC ID2000-042A
Masa130 kg[1][3][5]

Características editar

MightySat-2 foi orixinalmente denominado MightySat-2.1 ao ser o primeiro membro da serie de satélites MightySat-2, antes de que os demais satélites fosen cancelados. Cunha masa de 130 kg, levaba a bordo varios experimentos para demostrar novas tecnoloxías:[1][3][4]

  • SAC, un experimento con células solares.
  • NSX, para probar unha unidade de comunicacións ultralixeira.
  • MFCBS, para probar unha estrutura multifuncional a base de composites.
  • FTHSI, unha cámara para obter imaxes hiperespectrais mediante transformada de Fourier.
  • QS40, para monitorizar danos producidos pola radiación en compoñentes electrónicos.
  • SMATTE, un experimento de materiais.
  • SAFI, un experimento para reducir o peso en compoñentes usando arames de [[cobre] insertados en películas de composite.

O satélite usou o bus SA-200B e reentrou na atmosfera o 12 de novembro de 2002.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Mightysat-2 (P99-1)" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "MIGHTYSAT 2" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (26 de agosto de 2014). "Mightysat 2.1" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Note verbale dated 2 November 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80466 (E)). 25 de xaneiro de 2001: 15. Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2023). "MightySat 2" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023. 

Outros artigos editar