MidSTAR-1

(Redirección desde «MidSTAR 1»)

MidSTAR-1 (acrónimo de Midshipman Space Technology Applications Research 1) é un satélite artificial da Academia Naval dos Estados Unidos para facer diversos experimentos no espazo. Foi lanzado o 9 de marzo de 2007 mediante un foguete Atlas V.[2][4]

MidSTAR-1
Preparación de MidSTAR-1 antes do lanzamento.
TipoDemostrador tecnolóxico.
OrganizaciónAcademia Naval dos Estados Unidos
Satélite deTerra
Data de lanzamento9 de marzo de 2007, 3:10 UTC[1][2][3]
Foguete portadorAtlas V[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 41[2][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[2][5]
NSSDC ID2007-006B
Masa118 kg[2][4][5]
Datos orbitais
Semieixo maior6829 km[1]
Inclinación46,1 graos[1]
Apoapse463,1 km[1]
Periapse454,2 km[1]

Características editar

MidSTAR-1 é un satélite adicado á experimentación no espazo. Levou a bordo un experimento sobre membranas electroquímicas da NASA[6] e un microdosímetro do Instituto Nacional de Investigación Biomédica no Espazo (NSBRI). Foi inxectado nunha órbita inicial de 512 km de apoxeo e 510 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 46,0 graos e un período orbital de 94,6 minutos.[2][3][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MIDSTAR 1" (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (26 de agosto de 2014). "MidSTAR 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2015. Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 13 November 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (07-89382). 21 de decembro de 2007: 5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de setembro de 2014. Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "MidSTAR 1" (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "Midstar" (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  6. NASA (19 de febreiro de 2008). "NASA MidSTAR-1 Successful Technologies May Be Revolutionary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2015.