Microsporum

xénero de fungos

Microsporum

Microsporum canis
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Ascomycota
Clase: Eurotiomycetes
Orde: Onygenales
Xénero: Microsporum
Gruby (1843)
Especie tipo
Microsporum audouinii
Gruby (1843)
Sinonimia[1]
  • Closteroaleurosporia Grigoraki (1924)
  • Closterosporia Grigoraki (1924)
  • Nannizzia Stockdale (1961)
  • Sabouraudites M.Ota & Langeron (1923)
  • Thallomicrosporon Benedek (1964)

Microsporum é un xénero de fungos ascomicetos que causa dermatomicoses (infeccións fúnxicas) na pel en animais e humanos como a tiña da cabeza, tiña do corpo, dermatofitose e outras.[2]

Microsporum gypseum

Microsporum forma tanto macroconidios (grandes estruturas reprodutoras asexuais) coma microconidios (estruturas reprodutoras tamén asexuais pero máis pequenas) en curtos conidióforos. Os macroconidios son hialinos, multiseptados, de formas variables, de fusiformes a obovados, cun tamaño de 7–20 × 30–160 um, con paredes celulares delgadas ou grosas de equinuladas a verrugosas. A súa forma, tamaño e características da parede celular son importantes para a identificación das especies. Os microconidios son hialinos, unicelulares, de piriformes a clavados, de paredes lisas, cun tamaño de 2,5–3,5 × 4–7 um e non serven de diagnóstico para ningunha especie.[3]

A separación deste xénero de Trichophyton está baseada esencialmente na rugosidade da parede celular macroconidial, aínda que na práctca isto pode ser difícil de apreciar. Describíronse 17 especies de Microsporum.[4] Non obstante, en 2017 propúxose restrinxir o xénero só as especies M. audouinii, M. canis e M. ferugineus, e pasar as demais especies aos xéneros Lophophyton, Nannizzia e Paraphyton (de Hoog et al. 2017).[5]

Microsporum audouinii é parasito e causa micoses só en humanos. Microsporus canis e M. gallinae causan micoses en animais, pero desde eles poden infectar a humanos. Hai especies que viven no solo como saprófitos, nutríndose da queratina que encontran ali (pelos, plumas, escamas), e que poden infectar directamente a animais e humanos, como M. gypseum, M. fulvum, M. nanum e M. cookei.[6]

As propiedades queratinolíticas que posúe a especie Microsporum cookei suxiren que este fungo podería utilizarse para reciclar grandes cantidades de residuos queratínicos industriais.[7]

Especies editar

Notas editar

  1. "Synonymy: Microsporum Gruby, C. r. hebd. Séanc. Acad. Sci., París 17: 302 (1843)". Species Fungorum. Consultado o 6 de xullo de 2021. 
  2. INSST Microsporus spp.
  3. Microbe notes -Microsporum ospp. An overview Ver Morphological Characteristics of Microsporum spp.
  4. Doctor Fungus Microsporum species
  5. Mycology The University of Adelaide Microsporum
  6. Ana Lloret Caballería, Consuelo Segarra Martínez e Montserrat Bosque Vall. Unidade de Microbioloxía do Hospital Arnau de Vilanova, Valencia. Microsporum canis: características y diagnóstico
  7. Moallaei, H.; Zaini, F.; Rezaei, S.; Bouchara, J.-P.; Larcher, G. (decembro de 2011). "Purification and characterization of a 33 kDa extracellular proteinase from Microsporum cookei". Journal de Mycologie Médicale (en inglés) 21 (4): 241–247. doi:10.1016/j.mycmed.2011.09.004. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.