Microphones in 2020

Microphones in 2020 é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de indie folk The Microphones, publicado o 7 de agosto de 2020 a través do selo P. W. Elverum & Sun, Ltd, propiedade de Phil Elverum.[1] Trátase do primeiro lanzamento do grupo en 17 anos, tras o disco de Mount Eerie de 2003.

Microphones in 2020
Álbum de The Microphones
Publicado7 de agosto de 2020
Gravaciónmaio de 2019 - maio de 2020
Duración44:44
Xénero(s)experimental, rock
Selo(s)P. W. Elverum & Sun, Ltd.
Cronoloxía
Mount Eerie
(2003)
Microphones in 2020 -

Microphones in 2020 é un álbum conceptual formado por unha única canción de 44 minutos que describe a vida e a carreira musical de Elverum. O álbum foi composto e gravado totalmente por Elverum. O seu lanzamento foi acompañado por unha curtametraxe formada por 761 fotografía tomadas por Elverum.[2]

Tras o seu anuncio, os seus seguidores e as publicacións musicais interesáronse polo feito de que o álbum estivese acreditado a The Microphones e non a Mount Eerie, o nome baixo o que Elverum editou a meirande parte da súa música dende 2004.

Listaxe de cancións editar

  1. "Microphones in 2020" - 44:44

Notas editar

  1. "Microphones in 2020, by the Microphones". Mount Eerie (en inglés). Consultado o 2021-10-07. 
  2. "Watch the Microphones’ Short Film for New Album Microphones in 2020". Pitchfork (en inglés). 2020-08-06. Consultado o 2021-10-07.