Microcastle

Microcastle é o terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock Deerhunter. Despois de que o disco fose filtrado á internet, estivo dispoñible en iTunes o 19 de agosto do 2008, mentres que en formato físico publicouse o 28 de outubro do 2008. Nos Estados Unidos foi editado por Kranky Records e en Europa por 4AD. O álbum foi gravado nunha semana de abril de 2008 por Nicholas Vernhes nos Rare Book Room Studios de Brooklyn, Nova York. Nos Estados Unidos o disco vendeu ao redor das 50.000 copias.

Microcastle
Álbum de Deerhunter
Publicado19 de agosto do 2008 (dixital)
28 de outubro do 2008
Gravaciónabril do 2008
Estudio(s)Rare Book Room Studios, Nova York
Duración40:53
Xénero(s)indie rock, shoegazing, ambient
Selo(s)Kranky, 4AD
Producido porNicolas Vernhes
Cronoloxía
Fluorescent Grey EP Microcastle Rainwater Cassette Exchange

A diferenza de Cryptograms, a banda decidiu renunciar ao uso extensivo de pedais de efectos. Ao longo da gravación do disco, só algunhas das pistas de batería e as veces en "Agoraphobia" foron tratadas. A banda estreou o álbum ao vivo no Brooklyn's Market Hotel o 11 de abril do 2008. Un disco extra, Weird Era Cont., foi publicado ao mesmo tempo que o álbum.

Listaxe de canciónsEditar

Todos os temas compostos por Bradford Cox, agás onde se indique.

  1. "Cover Me (Slowly)" (Cox, Pundt) - 1:21
  2. "Agoraphobia" (Pundt) - 3:22
  3. "Never Stops" - 3:04
  4. "Little Kids" (Cox, Pundt) - 4:22
  5. "Microcastle" - 3:40
  6. "Calvary Scars" - 1:37
  7. "Green Jacket" - 2:09
  8. "Activa" - 1:49
  9. "Nothing Ever Happened" (Fauver, Archuleta) - 5:50
  10. "Saved by Old Times" - 3:50
  11. "Neither of Us, Uncertainly" (Pundt) - 5:25
  12. "Twilight at Carbon Lake" - 4:24