Michele Perniola

cantante italiano

Michele Perniola é un cantante italiano coñecido por representar a San Marino no Festival de Eurovisión Júnior 2013 e no Festival de Eurovisión 2015 xunto con Anita Simoncini coa canción "Chain of Lights".

Michele Perniola
20150513 ESC 2015 Michele Perniola 5131.jpg
Data nacemento6 de setembro de 1998 (24 anos)
Nado enPalagiano
Ocupacióncantante, actor e compositor de cancións
XéneroPop
Instrumento(s)Voz
Relacionado conAnita Simoncini
Tempo en activo2012 - actualidade
Na rede
http://micheleperniolaofficial.com/
IMDB: nm7343156 Facebook: micheleperniolaofficial Twitter: micheleperniola Instagram: micheleperniolaofficial Musicbrainz: 04e65953-c95c-419e-98f5-a417d3c411e0 Discogs: 3904438 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Carreira musicalEditar

En decembro de 2012, foi o campión na sexta edición do popular concurso infantil da televisión italiana RAI Ti lascio una canzone, no cal alcanzou a fama.[1]

No ano 2013 foi escollido para representar a San Marino no Festival de Eurovisión Júnior 2013 coa canción "O-o-O Sole intorno a me" (O-o-O Sol ao meu redor en galego). Quedoun nunha décima posición (de 12 participantes) con 41 puntos.[2]

En novembro de 2014 é elixido para representar a San Marino no Festival de Eurovisión 2015 xunto a Anita Simoncini, unha compoñente do grupo The Peppermints, o cal representou a San Marino no Festival de Eurovisión Júnior 2014 e do que tamén forma parte unha irmá de Michele.

NotasEditar

  1. "San Marino JESC 2013" (en inglés). ESCKaz.com. Consultado o 1-11-2013. 
  2. "About Michele Perniola" (en inglés). UER. Arquivado dende o orixinal o 19-10-2014. Consultado o 23-10-2014. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar