Michel Diouf
Michel Diogoye Diouf, nado o 19 de abril de 1989 en Madina Gounass, Rexión de Kolda, é un xogador profesional de baloncesto senegalés que xoga para o Bakken Bears danés. Cunha altura de 2,08 metros, xoga na posición de pivote. Na temporada 2011−12, pese a tan só xogar medio ano na competición antes de asinar nun equipo ACB, foi o segundo máximo reboteador e terceiro máximo taponador da Liga LEB.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1989 (35 anos) Senegal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 102 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarRepresentante da crecente onda de xogadores africanos que poboa o baloncesto europeo, Diouf debuta en idade júnior na Liga LEB2 co Qalat Cajasol, onde xogou 13 partidos máis 12 co filial da Liga EBA á parte de participar no circuíto sub-20 onde foi un dos mellores xogadores do torneo.
Na súa primeira tempada completa en LEB Prata[1] xa foi un dos xogadores máis valorado do equipo, e estivo entre os mellores anotadores e reboteadores, así como o mellor taponador da categoría (1,94 tapóns por partido) seguido de lonxe doutro africano, Mamadou Samb (1,53 tapóns por partido). Na súa segunda tempada completa na LEB Prata seguiu coa súa progresión, e non só foi o máis valorado do seu equipo senón que tivo importantes aparicións nas clasificacións sendo o 3º mellor taponador (1,8 tapóns por partido), o 5º mellor reboteador (7,6 rebotes por partido) e o 6º xogador máis valorado de toda a liga (16,7 de valoración media) e dende estes momentos seguido por "scouts" da NBA.
En 2009 o Tarragona 2017 e o Cajasol Sevilla chegaron a un acordo para a cesión do xogador.[2] Diouf permaneceu no club catalán durante dúas tempadas, onde fixo bos números sendo o segundo mais valorado do equipo e segundo mellor taponador da liga. En xullo de 2011 confirmouse a súa fichaxe polo Palencia Baloncesto para a disputa da tempada 2011-12. En xaneiro de 2012, Baloncesto Fuenlabrada ficha ao xogador para substituír o lesionado de longa duración Mouhamed Sené. Debutando en ACB ante o Blancos de Rueda Valladolid. Pese a tan só xogar medio ano na competición antes de asinar nun equipo ACB, foi o segundo máximo reboteador e terceiro máximo taponador da competición. A tempada seguinte é o Club Baloncesto Breogán de Lugo quen consegue a súa cesión para xogar na liga LEB Ouro. Tras unha boa campaña co club lucense, asina por unha tempada máis.
Clubs
editar- Qalat Cajasol (LEB Prata / EBA, 2006−2009)
- Tarragona (LEB Ouro, 2009−2011)
- Palencia (LEB Ouro, 2011−2012)
- Fuenlabrada (ACB, 2012)
- Club Baloncesto Breogán (LEB Ouro, 2012−2014)
- Miraflores Burgos (LEB Ouro, 2014−2015)
- Bakken Bears (Basketligaen, 2015−presente)
Notas
editar- ↑ "Michael Diouf, ¿a corto plazo, el futuro del Cajasol?". Solobasket (en castelán). Consultado o 2021-02-24.
- ↑ Michel Diouf cedido ao CBT