Michael J. Smith
astronauta estadounidense
(Redirección desde «Michael John Smith (astronauta)»)
Michael John Smith, nado en Beaufort, Carolina do Norte, o 30 de abril de 1945 e finado o 28 de xaneiro de 1986, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-51-L e durante a cal faleceu.[1][2]
Michael J. Smith | |
---|---|
![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 30 de abril de 1945 |
Lugar | Beaufort |
Falecemento | 28 de xaneiro de 1986 |
Actividade | |
Misións | STS-51-L |
Premios | Distinguished Flying Cross, Medalla do Aire, Medalla de Honra Espacial do Congreso e Medalha de Serviço Distinto da NASA |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Smith graduouse en ciencias navais pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1967 e era máster en enxeñaría aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1968.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1980 e elixido para a misión STS-51-L, do transbordador espacial Challenger e durante o cal faleceu ao desintegrarse o vehículo pouco despois do lanzamento.[1][2]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2021). "Smith, Michael John" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (decembro de 2003). "MICHAEL J. SMITH (CAPTAIN, USN) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michael J. Smith |