Un metamielocito é unha célula que está sufrindo a granulopoese, derivada dun mielocito, e que dará lugar a unha célula en banda (cun núcleo delgado, recto ou curvado, designado como forma de banda). Os metamielocitos divídense en tres liñas celulares (neutrófila, eosinófila e basófila), que darán lugar aos tres tipos de leucocitos granulocitos: neutrófilo, eosinófilo e basófilo.[1]

Catro metamielocito no centro da foto
Metamielocito basófilo.
Metamielocito eosinófilo.
Metamielocito neutrófilo.

O metamielocito caracterízase pola aparición dun núcleo escotado (cun entrante), gránulos citoplasmáticos específicos, con contido encimático e a ausencia de nucléolos visibles. Se o núcleo non está escotado é probable que estea aínda na etapa de mielocito.[1]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Don W. Fawcett.. Tratado de Histología. 11ª edición. Interamericana-McGraw Hill. Páxinas 250-253. ISBN 84-7605-361-4

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar



 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.