Metallica (álbum)

Metallica (tamén coñecido como The Black Album) é o quinto álbum da banda estadounidense de heavy metal Metallica, publicado o 12 de agosto de 1991 a través do selo Elektra Records. Del sacáronse cinco sinxelos que na actualidade son das canións máis coñecidas do grupo: "Enter Sandman", "The Unforgiven", "Nothing Else Matters", "Wherever I May Roam", e "Sad but True". A banda promocionou o álbum cunha serie de xiras. No ano 2003 foi elixido número 255 na lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos[1]. O disco marcou un cambio no son do grupo cara a un menos áspero que o estilo thrash metal dos seus anteriores catro traballos.

Metallica
Álbum de Metallica
Publicadooutubro de 1990 - xuño de 1991
Estudio(s)One on One Recording Studios
Duración62:31
Xénero(s)heavy metal
Selo(s)Elektra, Vertigo, Universal
Producido porBob Rock, James Hetfield, Lars Ulrich
Cronoloxía
...And Justice for All Metallica Load

A gravación de Metallica foi complicada, tendo a banda conflitos frecuentemente co produtor Bob Rock. O disco estreouse no número 1 de dez países, e pasou catro semanas consecutivas no primeiro posto da lista Billboard 200, sendo o primeiro disco de Metallica en chegar ao número 1 das listas. Trátase do álbum máis vendido da banda, con 30 millóns de unidades en tdo o mundo. Foi certificado platino 16 veces pola RIAA o 13 de decembro de 2012. Metallica tocouno enteiramente ao vivo durante a súa xira do 2012 European Black Album Tour.

Listaxe de cancións editar

Todas as letras escritas por James Hetfield

N.º TítuloMúsica Duración
1. "Enter Sandman"  James Hetfield, Lars Ulrich, Kirk Hammett 5:31
2. "Sad but True"  Hetfield, Ulrich 5:24
3. "Holier Than Thou"  Hetfield, Ulrich 3:47
4. "The Unforgiven"  Hetfield, Ulrich, Hammett 6:26
5. "Wherever I May Roam"  Hetfield, Ulrich 6:44
6. "Don't Tread on Me"  Hetfield, Ulrich 4:00
7. "Through the Never"  Hetfield, Ulrich, Hammett 4:04
8. "Nothing Else Matters"  Hetfield, Ulrich 6:28
9. "Of Wolf and Man"  Hetfield, Ulrich, Hammett 4:16
10. "The God That Failed"  Hetfield, Ulrich 5:08
11. "My Friend of Misery"  Hetfield, Ulrich, Jason Newsted 6:48
12. "The Struggle Within"  Hetfield, Ulrich 3:55
62:31
Canción extra na edición xaponesa
N.º TítuloEscritor(es) Duración
13. "So What?" (orixinalmente interpretada por Anti-Nowhere League)Nick "Animal" Kulmer, Chris "Magoo" Exall, Clive "Winston" Blake 3:09
65:40

Notas editar

  1. "500 mellores álbums de todos os tempos segundo Rolling Stone". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2013. Consultado o 25 de xullo de 2013.