Abrir o menú principal

James Hetfield

Músico norteamericano, compositor e produtor musical

James Alan Hetfield, nado o 3 de agosto de 1963 en Downey (California), é o principal compositor, cofundador, vocalista, guitarrista rítmico e letrista da banda estadounidense de heavy metal Metallica.

James Hetfield
JamesHetfield2012.jpg
Nome completoJames Alan Hetfield
Nacemento3 de agosto de 1963 (55 anos)
OrixeDowney (California) Flag of the United States.svg
Ocupaciónguitarrista, cantautor, cantante, compositor, músico, baterista, baixista, skateboarder, actor, letrista, multi-instrumentista e Produción musical
Instrumento(s)guitarra, voz
Relacionado conMetallica, Spastik Children, Leather Charm
Tempo en activo1978 - actualidade
editar datos en Wikidata ]

Hetfield cofundou Metallica en outubro de 1981 tras responder un anuncio do batería Lars Ulrich no xornal de Los Angeles The Recycler. Metallica ten gañados 9 premios Grammy e publicaron 9 álbums de estudio, 3 álbums ao vivo, 4 EPs e 24 sinxelos. En 2009 Hetfield foi colocado no posto 8 no libro de Joel McIver The 100 Greatest Metal Guitarists, e ocupou o número 24 na lista de Hit Parader dos 100 mellores vocalistas de metal de todos os tempos. Na enquisa de Guitar World, Hetfield foi situado como 19 mellor guitarrista de todos os tempos. Ademais, a revista Rolling Stone elixíuno como o 87 mellor guitarrista de todos os tempos.