MetOp (Meteorological Operational) é primeira familia de satélites meteorolóxicos polares europeos.[1][2]

MetOp C antes do lanzamento.

Características editar

MetOp é a contribución europea ao Initial Joint Polar System, un acordo cooperativo entre Eumetsat e a NOAA estadounidense para compartir datos climáticos e meteorolóxicos. Lanzáronse tres satélites MetOp:[1][2]

A principal misión dos satélites é medir a temperatura e humidade da atmosfera e os océanos, así como observar a capa de nubes, medir a velocidade do vento na superficie do mar e monitorizar o contido de ozono na atmosfera. Para iso levan a bordo os seguintes instrumentos:

  • A/DCS (Advanced Data Collection System) - Argos-3
  • AMSU (Advanced Microwave Sounding Unit)
  • ASCAT (advanced scatterometer)
  • AVHRR/3 (Advanced Very High Resolution Radiometer)
  • GOME-2 (Global Ozone Monitoring Experiment–2)
  • GRAS (GNSS receiver for atmospheric sounding)
  • HIRS/4 (High Resolution Infrared Sounder)
  • IASI (Infrared Atmospheric Sounding Interferometer)
  • MHS (Microwave Humidity Sounder)
  • SARP/3 (Search And Rescue Processor)
  • SARR (Search And Rescue Repeater)
  • SEM-2 (Space Environmental Monitor)

Os satélites, construídos por EADS Astrium, teñen unha masa de cerca de 4000 kg e foron inxectados en órbitas heliosincrónicas de 800 km de altura. Cada satélite, unha vez en órbita e cos paneis solares despregados, teñen unha dimensión de 17,6 x 6,5 x 5,2 m.

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
MetOp A 19 de outubro de 2006 Soiuz-2-1a Fregat Éxito
MetOp B 17 de setembro de 2012 Soiuz-2-1a Fregat Éxito
MetOp C 7 de novembro de 2018 Soiuz-ST-B Fregat-M Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "Metop" (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "METOP A, B, C" (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar