Abrir o menú principal
Aplicación dunha mestura asfáltica

Unha mestura asfáltica é unha combinación de asfalto e agregados minerais pétreos en proporcións exactas. As proporcións relativas destes minerais e o seu tamaño determinan as propiedades físicas da mestura, que serán diferentes segundo o uso ou lugar onde se aplique.

A mestura asfáltica debe ser resistente ás accións dos axentes atmosféricos como a chuvia ou sarabia e ós cambios de temperatura. Outra característica fundamental é a resistencia á abrasión, xa que o uso principal deste produto industrial é a pavimentación de vías, pistas de aterraxe, superficies deportivas, etc.

As principais vantaxes das mesturas son:

  • Instalación rápida.
  • Adaptabilidade ós proxectos.
  • Pavimentación sen xuntas.
  • Baixo custo en comparación con outros materiais.

As mesturas asfálticas poden ser confeccionadas en plantas fixas ou móbiles con equipos fabricados para tal fin. Segundo as propiedades e espesores da capa, considérase que achegan capacidade estrutural ó pavimento.

Véxase taménEditar