Chalet (satélites artificiais)
Chalet, coñecidos tamén baixo a denominación AFP-366, foi unha serie de satélites artificiais adicados á espionaxe electrónica pertencente á Oficina Nacional de Recoñecemento dos Estados Unidos. Foron os sucesores da serie de satélites Canyon, cuxa numeración continuaron, e tamén pertencían ao Programa 7500. Estaban adicados á interceptación de comunicacións pero tamén eran capaces de recoller telemetría de mísiles. Eran lanzados a órbitas case xeoestacionaria, dunhas 24 horas de duración pero diferentes apoxeo e perixeo para mellorar a triangulación de sinais.
Usaban antenas de ata 38 m de diámetro e estaban estabilizados nos tres eixos. Lanzáronse un total de seis satélites Chalet mediante foguetes Titan, cinco deles chegando a órbita sen problemas e un perdido durante o lanzamento.
O nome do satélites cambiou de Chalet a Vortex cando o primeiro foi desvelado polo New York Times en 1979. Algo semellante ocorreu en 1987, cando pasaron a coñecerse como Mercury.
Historial de lanzamentos
editarSatélite | Data | Sitio de lanzamento | Foguete | Resultado | Notas |
---|---|---|---|---|---|
Chalet 8 (Vortex 8) | 10 de xuño de 1978 | Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40 | Titan IIIC | Éxito | Primeiro lanzamento dun Chalet. |
Vortex 9 (Chalet 9) | 1 de outubro de 1979 | Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40 | Titan IIIC | Éxito | |
Vortex 10 (Mercury 10, Chalet 10) | 31 de outubro de 1981 | Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40 | Titan IIIC | Éxito | |
Vortex 11 (Mercury 11, Chalet 11) | 31 de xaneiro de 1984 | Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40 | Titan 34D | Éxito | |
Mercury 12 (Vortex 12, Chalet 12) | 2 de setembro de 1988 | Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40 | Titan 34D | Fallo | Fallo da última etapa. |
Mercury 13 (Vortex 13, Chalet 13) | 10 de maio de 1989 | Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40 | Titan 34D | Éxito | Último lanzamento dun Chalet. |
Notas
editar- Mark Wade (2018). "Chalet" (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2018.
- Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Chalet / Vortex / Mercury 8, 9, 10, 11, 12, 13" (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2018.