Mercedes Corominas

aeronauta e aviadora catalá

Mercedes Corominas, nada en España en 1886 e finada no Brasil en 1926, foi unha das primeiras mulleres aviadoras e aeronautas españolas, coñecida polas súas exhibicións en Portugal.

Modelo:BiografíaMercedes Corominas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1882 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte1926 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Actividade
Ocupaciónaviadora, aeronauta Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Mercedes Corominas naceu en España en 1886. Formouse como acróbata de circo e, a comezos do século, participou no Circo Calderón en España. En 1904 realizou unha ascensión aérea en solitario en Barcelona, converténdose na primeira muller española en realizar unha ascensión en globo en solitario.[1] En 1906, comezou a realizar acrobacias aéreas, suspendéndose nun trapecio colgado debaixo dun globo aerostático. A súa primeira serie de exposicións, titulada "Aerostatic Ascensions", tivo lugar en Portugal; estes foron un grande éxito e Corominas realizou acrobacias aéreas en varias cidades portuguesas. Continuaría realizando as súas acrobacias noutras partes de Europa.[2][3] O 12 de setembro de 1909 realizou outra ascensión en solitario elevándose dende a Praza de Touros de Santander a bordo dun Globo Montgolfier bautizado co seu nome. Pouco despois levou a cabo outras ascensións semellantes en poboacións cántabras como Escobedo, Gajano e Mogro.[4]

Casou cun artista de circo portugués, Francisco Pedro Monteiro, en 1911. Ese mesmo ano, Corominas realizou acrobacias no Brasil. Mentres estaban no país, a parella decidiu estabelecerse e finalmente formou unha compañía de circo.[5]

  1. "Patentes Curiosas - Museo Virtual - Oficina Española de Patentes y Marcas". historico.oepm.es. Consultado o 2021-07-24. [Ligazón morta]
  2. "A tiros con el globo en Valadares". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-10-01. Consultado o 2021-07-24. 
  3. "Notícia: COM MAIS DE 100 ANOS DE TRADIÇÃO NO CIRCO, FAMÍLIA MONTEIRO VIRA TEMA DE VÍDEO". BH Eventos. Consultado o 2021-07-24. 
  4. Bordas, David Lavín (2015-08-15). "Preaviación: 1ª Ascensión de una mujer en Santander (1909)". pioneros (en castelán). Consultado o 2023-03-12. 
  5. "O Paiz (RJ) - 1910 a 1919 - DocReader Web". memoria.bn.br. Consultado o 2021-07-24.