Mercado de Tampere

O Mercado de Tampere (en finés Tampereen kauppahalli) é o maior mercado dos países nórdicos. Abriu as súas portas en 1901 e está situado entre as rúas Hallituskatu e Hämeenkatu, no centro da cidade de Tampere (Finlandia).[1]

Mercado de Tampere
Entrada ao Mercado dende Hallituskatu.
Edificio
LocalizaciónHallituskatu, 10
Hämeenkatu, 19
Tampere (Finlandia)
Coordenadas61°29′49″N 23°45′31″L / 61.4970398, 23.7587345
Uso(s)Mercado
Construción
Inicio1894
Remate1899
Equipo
Arquitecto(s)Reima e Raili Pietilä
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A cidade de Tampere decidiu construír un mercado como resultado dun mercado inchado e sen regularizar.[2] O deseño do edificio correu a cargo do arquitecto Hjalmar Åberg. As obras de construción comezaron en 1894 e finalizaron en 1899. Foi inaugurado o 8 de xuño de 1901. A fianis da década de 1960 e principios dos anos 1970 o mercado experimentou un retroceso en canto á clientela pola aparición dos supermercados. En 1973 o goberno da provincia da Häme decidiu protexer o edificio.[1][3]

Características

editar
 
Interior do Mercado de Tampere.

A superficie do mercado é de 2 100 m² e ten un volume de 18 500 m³.[4]

Entre os seus elementos arquitectónicos salienta o seu gran ventanal arqueado da fachada. Precisamente no exterior do edificio na rúa Hallituskatu poden verse dous caduceos, un a cada lado da porta. O caduceo é un símbolo do comercio e se encontra presente no escudo de Tampere, así como nos doutras cidades finlandesas como Jyväskylä ou Kotka.[5][6]

O mercado de Tampere conta con 174 puntos de venda e en 2013 operaban nel 39 empresas. O 40% dos negocios eran cafeterías e restaurantes.[4]

  1. 1,0 1,1 "Tampereen kauppahallin historia" (en finés). Tampereen kauppahalli. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2007. Consultado o 6 de marzo de 2021. 
  2. "Tampereopas – Tampereen kauppahalli" (en finés). Opasmedia. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2016. Consultado o 6 de marzo de 2021. 
  3. "Rakennussuojelulailla suojellut kohteet Pirkanmaalla" (en finés). Pirkanmaan ympäristökeskus. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 6 de marzo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Heikkonen, Aino (4 de abril de 2013). "Ravintolat valtaavat yhä enemmän alaa Kauppahallista". Aamulehti Moro (en finés). pp. 4–5. 
  5. "Jyväskylä 1931–" (en finés). Kansallisarkisto. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2021. Consultado o 6 de marzo de 2021. 
  6. "Kotka" (en finés). Kymenlaakson Kuntien Vaakunat. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2016. Consultado o 6 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar