Abrir o menú principal

Mellow Gold é o terceiro álbum do músico estadounidense de rock alternativo Beck, así como a súa estrea cun gran selo, a DGC. Mellow Gold foi editado o 1 de marzo de 1994, cando o seu tema "Loser" estaba no punto máis alto da súa popularidade. A decidida actitude comercial de Mellow Gold converteuse por sorpresa nun éxito comercial, e o álbum conseguíu ser disco de platino. Debido á novidade do estilo de "Loser", O éxito de Beck foi percibido inicialmente coma puntual, pero a súa seguinte edición, o aclamado Odelay, confirmaron o seu talento.

Mellow Gold
Álbum de Beck
Publicado1 de marzo de 1994
Gravación1993
Duración47:36
Xénero(s)rock alternativo, ati-folk, lo-fi, country alternativo
Selo(s)DGC
Producido porBeck Hansen, Tom Rothrock, Rob Schnapf, Karl Stephenson
Cronoloxía
Stereopathetic Soulmanure Mellow Gold One Foot in the Grave

Nun esforzo de introducir o álbum en tendas como Wal-Mart e Kmart, que non venden discos coa etiqueta "parental advisory", foi editada unha versión "limpa" do traballo.

Mellow Gold acadou o número 13 nos Estados Unidos e o 41 no Reino Unido. No mes de xullo do 2008 Mellow Gold levaba vendidas 1,2 millóns de copias só nos Estados Unidos.

Listaxe de canciónsEditar

Todos os temas por Beck, agás onde se indique.

  1. "Loser" (Beck, Karl Stephenson) – 3:55
  2. "Pay No Mind (Snoozer)" – 3:15
  3. "Fuckin With My Head (Mountain Dew Rock)" – 3:41
  4. "Whiskeyclone, Hotel City 1997" – 3:28
  5. "Soul Suckin Jerk" (Beck, Stephenson) – 3:57
  6. "Truckdrivin Neighbors Downstairs (Yellow Sweat)" – 2:55
  7. "Sweet Sunshine" (Beck, Stephenson) – 4:14
  8. "Beercan" (Beck, Stephenson) – 4:00
  9. "Steal My Body Home" – 5:34
  10. "Nitemare Hippy Girl" – 2:55
  11. "Mutherfuker" – 2:04
  12. "Blackhole" – 7:33