Melitaea diamina

especie de insecto

A Melitaea diamina é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae. Foi descrita por Lang en 1789.[1][2][3][4]

Descrición editar

Macho


Femia

Distribución editar

Distribúese polo norte da Península Ibérica, centro, leste e sueste de Europa, nordeste de Turquía, sur e noroeste de Rusia, sur de Siberia, Transbaikalia, río Amur, Mongolia, nordeste de China, península de Corea e Xapón. Na Península Ibérica atópase concretamente en Galicia, Cataluña, Pireneos e Cordilleira Cantábrica.[1]

Hábitat editar

Zonas herbosas húmidas con flores, ocasionalmente asociadas con bosques. A eiruga aliméntase de diferentes especies do xénero Valeriana.[1]

Bioloxía editar

Como eiruga aliméntase de Valeriana oficcinalis, Plantago lanceolata, Filipendula ulmaria, Melampyrum nemerosum, M. pratensis e Polygonum bistorta.

Período de voo e hibernación editar

En altitudes e latitudes elevadas produce unha xeración ao ano —entre maio e xullo—; en cambio, ao sur dos Alpes e España produce dúas, a primeira entre maio e xullo e a segunda entre agosto e setembro. Hiberna como eiruga en niños sedosos.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar