Melchor Sangro Rueda
político galego
Melchor Sangro Rueda, conde da Almina, nado na Coruña o 6 de xaneiro de 1841 e finado en Madrid o 30 de xaneiro de 1909, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1841 A Coruña, España |
Morte | 30 de xaneiro de 1909 (68 anos) Madrid, España |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático | |
Senador do Reino | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarEstudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse na Universidade de Madrid en 1865. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Santiago nas eleccións de 1865, volveu ser elixido deputado polo distrito de Carral nas eleccións de abril de 1872 e por Corcubión nas de agosto de 1872. Foi secretario e encargado de negocios das legacións de España en Berlín, Florencia e Berna.[1] Na Restauración foi senador pola provincia de Pontevedra de 1877 a 1881, cando foi nomeado senador vitalicio.
Notas
editar- ↑ La Ilustración Gallega y Asturiana, 18-2-1880, p. 4.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Melchor Sangro Rueda |