Melanthius (cráter)
Melanthius é o un prominente cráter de impacto da lúa de Saturno, Tetis. Ten case 250 km de diámetro, situado nas coordenadas 58,5° S 192,6° O, sendo só máis grandes (en Tetis) os cráteres Odiseo e Telemus[2]. O seu nome procede de Melanthius, un cabreiro desleal có heroe Odiseo da mitoloxía grega que aparece na Odisea[1].
Melanthius | |
---|---|
![]() | |
O cráter Melanthius en primeiro plano. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
Accidente xeolóxico de | Tetis |
Diámetro | ~250 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 58,5° S 192,6° O[1] |
Procedencia do nome | Melanthius, un cabreiro desleal con Odiseo, o heroe da Odisea.[1] |
A principal característica deste cráter é que ten un destacable grupo de picos centrais[3], ademais dunha marcada diferenza case a xeito de fronteira definida, na densidade de cráteres que existen na parte occidental do cráter (á esquerda da imaxe da caixa de información, amplíese a imaxe) en comparación o resto do territorio que rodea ó cráter[3].
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Tethys: Melanthius". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 08-05-2010.
- ↑ USGS Astrogeology (ed.). "Tethys Nomenclature: Crater, craters". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 09-05-2010.
- ↑ 3,0 3,1 "Toward Melanthius". 29-08-2006. Consultado o 09-05-2010.