Medida por medida

obra de William Shakespeare

Medida por medida[1] (en inglés: Measure for Measure) é unha obra de teatro de William Shakespeare, que se cre foi escrita en 1603 ou 1604. Orixinalmente publicada en First Folio de 1623, onde foi clasificada como unha comedia, a primeira representación da obra produciuse en 1604. Os principais temas da obra son a xustiza, a "mortalidad e a misericordia en Viena", e a dicotomía entre a corrupción e a pureza: "algúns álzanse polo pecado, e outros caen pola virtude". A misericordia e a virtude prevalecen, xa que a obra non remata traxicamente, coa compaixón e o perdón exercidos no remate da produción. Aínda que a obra se centra na xustiza en termos xerais, a escena final ilustra o que Shakespeare esperaba da xustiza moral respecto dunha xustiza civil estrita: algúns dos personaxes reciben comprensión e clemencia no canto dun castigo severo ó que, segundo a lei, poderían ter sido sentenciados.[2] Medida por medida é chamada unha das "obras de problemas" de Shakespeare. Comtinúa a ser clasificada como unha comedia, aínda que unha escura, xa que o seu ton pode desafiar estas expectativas.[3]

Medida por medida
Primeira páxina de Measure for Measure, publicado en 1623.
Título orixinalMeasure for Measure
Autor/aWilliam Shakespeare
OrixeInglaterra
LinguaInglés
Tema(s)Comedia
Xénero(s)Teatro
EditorialFirst Folio
Galicia Edicións Laiovento
Data de pub.1604
Galicia 2019
TraduciónMiguel Pérez Romero
Na rede
IBDB: 5985 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado por Edicións Laiovento no ano 2019.

  1. Salgado, Daniel (12 de marzo de 2019). "'Ao voso gusto' e 'Medida por medida', últimas traducións. O galego de Shakespeare". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 13 de marzo de 2019. 
  2. Whitlow, Roger (1978). "Measure for Measure: Shakespearean Morality and the Christian Ethic". Encounter 39 (2): 165–173 – vía EBSCOhost. 
  3. "Measure for Measure Tone". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2019.