Medialivre (antes Cofina Media, INVESTEC - SOCIEDADE XESTORA DE PARTICIPAÇÕES SOCAIS, INVESTEC MEDIA - SGPS SA)[1] é unha empresa portuguesa fundada en 1995 e dedicada principalmente aos medios de comunicación.[2] En 2023 foi adquirida por un Management Buyout (MBO) e outros investidores como Cristiano Ronaldo.[3]

Medialivre
FundadorDomingos José Vieira de Matos
ProdutosTelevisão, Rádios, Jornais, Revistas, Internet
Na rede
http://www.cofina.pt/
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

1995-2005

editar

A Cofina foi fundada na década de 1990 como un holding diversificado con participacións en varios negocios, incluíndo medios de comunicación, pasta de papel e aceiro. En 2005, realizou un spin-off (escisión) das súas participacións fora do sector dos medios, creando a empresa Altri, que se centrou nos activos industriais. Esta escisión deixou a Cofina exclusivamente con activos relacionados coa prensa​.

2019-2020ː Críticas a unha posible fusión de Cofina con TVI

editar

En outubro de 2019, xornalistas e comentadores da Sociedade Independente de Comunicação (SIC) criticaron a posíbel fusión de Cofina coa TVI. O comentarista do ‘Eixo do Mal’, Pedro Marques Lopes, escribiu no Twitter:

No dia em que o país está de luto por Freitas do Amaral, o jornal do principal grupo de comunicação social portuguesa (Media Capital + Cofina) enche a primeira página com ‘Vibradores tramam pedófilo arrependido'.

Daniel Oliveira, outro comentarista de Eixo do Mal, dixo que "o grupo mediático portugués máis poderoso estará en mans dun grupo dedicado ao xornalismo sensacionalista e que ten unha axenda política clara. A compra de TVI por Cofina é, en décadas, un dos momentos máis decisivos para a nosa democracia". O xornalista Pedro Coelho cuestionou: "Imaxinen o efecto que tería en calquera país se unha televisión tabloide moi pequena se fixera cargo dunha canle nacional que foi líder de audiencia durante 19 anos?" [4]

Cofina converteuse no maior grupo de comunicación de Portugal cando comprou TVI. [5] Anacom (Ministério das Obras Públicas, Transportes e Comunicações, ERC e a Autoridade de Concorrência emitiron unha opinión favorable, autorizando a Cofina a comprar TVI en novembro de 2019,[6] pero Cofina acabou retirándose do negocio en marzo de 2020. [7]

Mudanza de propietarios e nome

editar

En novembro de 2023, Cofina Media foi comprada por un grupo de investidores, Expressão Livre, que reuniu ao persoal da empresa actual e anterior, así como a outros investidores, entre eles Cristiano Ronaldo.[8] A compra custou 56,8 millóns de euros.[9]

Após a adquisición, o nome e a identidade visual da marca Cofina Media foi substituído, xurdindo desde aí como Medialivre.[10]

Redes sociais e outros

editar

En abril de 2024, Medialivre posúe os seguintes títulos/marcas:

Televisión

Radios

Xornais

Revistas

Outros

En abril de 2024, os accionistas de Expressão Livre,[12] propietarios da totalidade de Medialivre, eran os seguintes:[13]

Entidade % do capital
Sorolla - SGPS, S. A. 32 %
CR7, S. A. 30 %
Actium Capital, S. A. 10 %
Caderno azul, S. A. 10 %
Livreflux, S. A. 10 %

Imaxe corporativa

editar

Véxase tamén

editar


Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.