Medalla Timoshenko
A Medalla Timoshenko é un recoñecemento que se lles concede aos investigadores que destaquen polas súas salientables contribucións á mecánica aplicada, instituído en 1957 pola Sociedade Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos (ASME).[1]
Medalla Timoshenko (Timoshenko Medal) | |
---|---|
Stephen Timoshenko, inspirador e primeiro receptor da Medalla Timoshenko | |
Outorgada pola Asociación Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos (ASME) | |
Tipo | Recoñecemento |
Graos | Único |
Lema | For distinguished contributions to Applied Mechanics |
Elixibilidade | Persoas dedicadas á investigación en Mecánica Aplicada. |
Descrición | Medalla de bronce. |
Estadísticas | |
Establecida | 1957 |
Primeira outorgada | 1957 |
Última outorgada | Concesión anual vixente. |
Premiados | Ver listaxe no artigo. |
Trátase dun dos premios de máis sona internacional na área da mecánica técnica e foi establecido en memoria de Stephen Timoshenko, enxeñeiro ucraíno-norteamericano considerado como o pai da enxeñaría mecánica moderna. O premio consiste nunha medalla de bronce, un certificado e dous mil cincocentos dólares en metálico. O investigador agraciado pronuncia o seu discurso no ano correspondente á recepción da medalla na reunión anual da ASME.[2]
Precedemento
editarO comité da Medalla Timoshenko está composto por quice persoas: os cinco últimos agraciados co recoñecemento, os cinco membros do comité executivo da ASME e os cinco membros anteriores do devandito comité. Tras o nomeamento dos candidatos, o comité delibera acerca de quen será finalmente o agraciado e este pasa a ser recoñecido pola ASME.
Agraciados
editarEsta é a listaxe completa dos científicos aos que se lles concedeu a Medalla Timoshenko:[3]
- 1957: Stephen Timoshenko
- 1958: Arpad Nadai, Geoffrey Ingram Taylor e Theodore von Kármán
- 1959: Richard V. Southwell
- 1960: Cornelius Biezeno e Richard Grammel
- 1961: James Norman Goodier
- 1962: Maurice Anthony Biot
- 1963: Michael James Lighthill
- 1964: Raymond Mindlin
- 1965: Sydney Goldstein
- 1966: William Prager
- 1967: Hillel Poritsky
- 1968: Warner Koiter
- 1969: Jakob Ackeret
- 1970: James Johnston Stoker
- 1971: Howard Wilson Emmons
- 1972: Den Hartog
- 1973: Eric Reissner
- 1974: Albert E. Green
- 1975: Chia-Chiao Lin
- 1976: Erastus Henry Lee
- 1977: John Eshelby
- 1978: George Carrier
- 1979: Jerald Ericksen
- 1980: Paul Naghdi
- 1981: John Argyris
- 1982: John Wilder Miles
- 1983: Daniel Drucker
- 1984: Joseph Keller
- 1985: Eli Sternberg
- 1986: George Irwin
- 1987: Ronald Rivlin
- 1988: George Batchelor
- 1989: Bernard Budiansky
- 1990: Stephen Harry Crandall
- 1991: Yuan-Cheng Fung
- 1992: Jan Achenbach
- 1993: John Lumley
- 1994: James Robert Rice
- 1995: Daniel Joseph
- 1996: John Tinsley Oden
- 1997: John Raymond Willis
- 1998: Olgierd Zienkiewicz
- 1999: Anatol Roshko
- 2000: Rodney James Clifton
- 2001: Ted Belytschko
- 2002: John W. Hutchinson
- 2003: Lambert Freund
- 2004: Morton Gurtin
- 2005: Grigory Barenblatt
- 2006: Kenneth Langstreth Johnson
- 2007: Thomas J.R. Hughes
- 2008: Sia Nemat-Nasser
- 2009: Zdeněk Bažant
- 2010: Wolfgang Knauss
- 2011: Alan Needleman
- 2012: Subra Suresh
- 2013: Richard Monson Christensen
- 2014: Robert McMeeking[4]
- 2015: Michael Ortiz[5]
- 2016: Raymond Ogden[6]
- 2017: Viggo Tvergaard[7]
Notas
editar- ↑ "Hughes Awarded Timoshenko Medal". En Notices of the AMS. Volume 55. Nº 6. Xuño-xullo de 2008. Páxina 718 (en inglés)
- ↑ Discursos dos premiados coa Medalla Timoshenko Arquivado 11 de marzo de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ "Timoshenkop Medalists". No sitio web oficial da Asociación Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos (ASME) (en inglés)
- ↑ "UCSB Professor Receives ASME’s Highest Applied Mechanics Honor". En The UC Santa Barbara Current (en inglés)
- ↑ "Professor Ortiz Receives the Timoshenko Medal Arquivado 02 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.". En Caltech.edu (en inglés)
- ↑ "Professor Raymond Ogden receives the Timoshenko Medal". En SoftMech.org (en inglés)
- ↑ "2017 Stephen P. Timoshenko Medal - Professor Viggo Tvergaard Arquivado 28 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.". En iMechanica.org (en inglés)
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial da Sociedade Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos Arquivado 30 de marzo de 2018 en Wayback Machine. (ASME)