Max H. Hommersand
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Max H. Hommersand, nado o 10 de xullo de 1930 no Condado de San Diego, California, é un biólogo estadounidense especializado en ficoloxía .
Nome orixinal | Max Hoyt Hommersand |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de xullo de 1930 Condado de San Diego, California |
Morte | 16 de decembro de 2022 (92 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | estadounidense |
Formación profesional | Doutor en Bioloxía |
Educación | Universidade de California en Berkeley |
Actividade | |
Ocupación | ficólogo |
Empregador | Universidade de Carolina do Norte |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Hommers. |
Familia | |
Cónxuxe | Haru "Fran" Chisaki |
Fillos | Eric A. Hommersand |
Traxectoria editar
Recibiu o seu BA na Universidade de California en Berkeley en 1954, e o seu doutoramento nesa mesma institución en 1958, cunha tese titulada “Morphological studies in the Ceramiaceae and Rhodomelaceae” (Estudos morfolóxicos das Ceramiáceas e as Rodomeláceas).
A área de investigación de Hommersand é a morfoloxía, a sistemática e a bioxeografía das algas mariñas, con énfase nas algas vermellas. Ten unha colección de máis de trinta mil exemplares de algas mariñas para o seu uso en estudos de desenvolvemento.
O doutor Hommersand é o conservador de algas da Universidade de Carolina do Norte, no Chapel Hill Herbarium (NCU). En 1997, xunto co biólogo chileno Bernabé Santelices, describiu un novo xénero de algas da familia das pterocladiáceas, Pterocladiella.[1]
En 2013 a National Science Foundation financiou o Macroalgal Digitization Project (Proxecto de dixitalización macroalgal) co obxectivo de reunir imaxes, catalogar e xeorreferenciar máis de 1,1 millóns de exemplares de algas de 49 herbarios de toda América do Norte. O NCU está a contribuír a ese esforzo e os seus exemplares están dispoñíbeis en macroalgae.org.
En 2006 Kari Kozak, William R. Burk e Ian Ewing da John N. Couch Biology Library da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill recompilaron a bibliografía das publicacións de Hommersand.
Epónimos editar
Entre as especies nomeadas en honra de Max Hommersand inclúense:
- Centroceras hommersandii Won, T.O. Cho & Fredericq.
- Dichotomaria hommersandii S.-L. Liu & Show M. Lin.
- Gelidium hommersandii A.J.K. Millar e D.W. Freshwater
- Gracilariopsis hommersandii Gurgel, Fredericq e J.N. Norris.
- Izziella hommerdandii Showe M. Lin, S.-Y. Yang & Huisman
- Nitophyllum hommersandii Showe M. Lin & Fredericq.
- Pavlova hommersandii P.H. Campbell.
Abreviatura editar
A abreviatura Hommersand emprégase para recoñecer a Max H. Hommersand como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santalices, B. & Hommersand, M. (1997): "Pterocladiella, a new genus in the Gelidiaceae (Gelidiales, Rhodophyta)". Phycologia 36 (2): 114-119.
Ligazóns externas editar
- North Carolina Botanical Garden (8 de xullo de 2020). "Max Hoyt Hommersand". Consultado o 19 de febreiro de 2021.