Mauro Pawlowski
músico belga
Mauro Antonio Pawlowski, nado en Koersel o 24 de abril de 1971, é un músico belga, vocalista e guitarrista das bandas dEUS e Evil Superstars.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1971 ![]() Beringen, Bélxica (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor, intérprete, autor, guitarrista, actor, creador ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Sitio web | mauroworld.net ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarComezou a súa carreira como líder de Evil Superstars, un dos principais da escena de rock belga dos 90, en 1992. Deixou a banda en 1998 e dende entón tocou en varios grupos coma Mitsoobishy Jacson, Kiss my Jazz, Monguito e Shadowgraphic City. Na actualidade é membro de dEUS, The Love Substitutes, Othin Spake, Club Moral, Archetypes of the Multisabanas e I Hate Camera. Ademais destes proxectos, Mauro editou traballos en solitario usando varios nomes.
No ano 2008 xirou co poeta e escritor Ramsey Nasr, e no 2009 foi guitarrista de xira do grupo de danza contemporánea Ultima Vez de Wim Vandekeybus.