Maurice Bellonte, nado o 25 de outubro de 1896 en Méru (Oise) e morto en París o 14 de xaneiro de 1984, foi un aviador francés. Xunto con Dieudonné Costes realizou en 1930 nun Breguet XIX o primeiro voo sen escalas de París a Nova York.

Infotaula de personaMaurice Bellonte

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Maurice Alexis Jacques Bellonte Editar o valor em Wikidata
25 de outubro de 1896 Editar o valor em Wikidata
Méru, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1984 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
16º distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Passy, 12
Grave of Bellonte (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Find a Grave: 7169 Editar o valor em Wikidata
Monumento ós pilotos Costes e Bellonte en Saint-Valerie-en-Caux

Nado dun pai enxeñeiro, Bellonte interesouse desde moi novo pola técnica. Participou na primeira guerra mundial na aviación mais sen pilotar. Foi mecánico e navegador nas primeiras liñas aéreas despois da gran guerra. En 1923 coñece ó piloto Dieudonné Costes e formaron equipo en numerosos voos. Realizaron unha primeira tentativa de voo sen escalas París-Nova York en 1929 que non tivo éxito xa que logo de 17 horas tiveron que volver polo mal tempo, pero bateron o récord de distancia cun voo París-Qiqihar, no nordeste da (China), de 7925 km. Este voo demóstralles que o Breguet XIX con motor Hispano-Suíza 650 CV podía atravesar o Atlántico norte con ventos contrarios leste-oeste.

O primeiro voo París-Nova York realizouse finalmente entre o 1 e o 2 de setembro de 1930, despois de 37h 14min.

Covidado por Air France en 1977, Maurice Bellonte voou no Concorde no primeiro voo comercial supersónico París-Nova York, en 3h 30min. Ese ano publicou o libro Le premier Paris-New York.