Matthijs de Ligt
futbolista neerlandés
Matthijs de Ligt, nado o 12 de agosto de 1999 en Leiderdorp, é un futbolista neerlandés. Xoga de defensa central e o seu actual club é o Juventus FC da Serie A italiana.
Matthijs de Ligt | |||
---|---|---|---|
![]() De Ligt co Ajax en 2018. | |||
Información persoal | |||
Nome | Matthijs de Ligt | ||
Nacemento | 12 de agosto de 1999 (23 anos) | ||
Lugar de nacemento | Leiderdorp | ||
Altura | 1,89 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Juventus | ||
Número | 4 | ||
Carreira xuvenil | |||
2008–2016 | Ajax | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2016–2017 | Jong Ajax | 17 | (1) |
2016–2019 | Ajax | 77 | (8) |
2019– | Juventus | 20 | (2) |
Selección nacional | |||
2014–2015 | Países Baixos sub-15 | 5 | (0) |
2014–2015 | Países Baixos sub-16 | 8 | (0) |
2015–2016 | Países Baixos sub-17 | 14 | (1) |
2016 | Países Baixos sub-19 | 6 | (0) |
2017– | Países Baixos | 23 | (2) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 8 de marzo de 2020. Selección: actualizado a 19 de novembro de 2019.[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
De Ligt chegou ás categorías inferiores do AFC Ajax con tan só 9 anos, e debutou co primeiro equipo o 21 de setembro de 2016 nun partido da copa neerlandesa contra o Willem II. Ós 25 minutos de partido, anotou un gol que o converteu no segundo xogador máis novo da historia de Ajax en anotar un gol, tan só por detrás de Clarence Seedorf.[1]
O 18 de xullo de 2019, De Ligt fichou polo Juventus FC da Serie A italiana a cambio de 75 millóns de euros, e asinou co equipo turinés un contrato por cinco anos.[2]
PalmarésEditar
Ajax
- Eredivisie: 2018–19
- KNVB Beker: 2018–19
NotasEditar
- ↑ "De Ligt jongste scorende Ajacied na Seedorf". Ajax.nl.
- ↑ "De Ligt is Bianconero!". Juventus F.C. 18 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2019. Consultado o 27 de xullo de 2019.