Mateo Míguez Adán

futbolista galego

Mateo Míguez Adán, nado o 11 de maio de 1987 en Redondela é un futbolista galego que xoga na demarcación de centrocampista, actualmente xoga no Coruxo FC.

Mateo
Información persoal
Nome Mateo Míguez Adán
Nacemento 11 de maio de 1987 (36 anos)
Lugar de nacemento Redondela
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2011 Celta de Vigo B 114 (20)
2011–2013 SD Ponferradina 21 (5)
2013–2014 CD Guadalajara 17 (1)
2014–2015 Coruxo FC 32 (7)
2015–2016 PK35 Vantaa 31 (9)
2016- Coruxo FC 20 (2)
Total español ()
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo debutando co equipo filial no ano 2006. Co Celta de Vigo B chegou a disputar 114 encontros converténdose nun xogador fundamental do equipo durante os seus anos nel e disputando algún encontro co primeiro equipo celeste pero sen acadar continuidade, polo que fichou pola SD Ponferradina no ano 2013. Co equipo do Bierzo acadou o ascenso a Segunda División no ano 2011. Un ano despois fichou polo CD Guadalajara, pero rematou a tempada xogando no Coruxo FC.

No ano 2015 fichou polo PK35 Vantaa da segunda división finesa pero volveu a Coruxo o rematar a tempada.