Massa d'Or
Coordenadas: 42°19′12″N 3°19′55″L / 42.31988, 3.332014
A Illa Massa d'Or (Illa de Sa Rata) é un pequeno illote da provincia de Xirona situado a 705 metros a levante do cabo de Creus, no termo municipal de Cadaqués. Ten unha superficie de tan só 0,7 hectáreas e constitúe o punto máis oriental da Península Ibérica tendo en conta tamén as súas illas litorais. Está protexida dentro do parque natural marítimo-terrestre do cabo de Creus.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/02/Embarcacions_i_parts_de_la_costa_amb_l%27illa_de_Massa_d%27Or_o_de_Rata_%28cropped%29.jpeg/220px-Embarcacions_i_parts_de_la_costa_amb_l%27illa_de_Massa_d%27Or_o_de_Rata_%28cropped%29.jpeg)