Masaxe tailandesa
A masaxe tailandesa tradicional é unha terapia tradicional que combina masaxe de acupressión, os principios indios ayurvédicos e posturas do ioga.[1] En lingua tailandesa, coñécese como nuat phaen thai (en tailandés: นวดแผนไทย, [nûa̯t pʰɛ̌ːn tʰāj]; literalmente 'masaxe tailandesa tradicional') ou nuat phaen boran (en tailandés: นวดแผนโบราณ, [nûa̯t pʰɛ̌ːn bōːrāːn]; literalmente 'masaxe ao estilo antigo'), aínda que o seu nome formal é nuat thai (en tailandés: นวดไทย, [nûa̯t tʰāj]; literalmente 'masaxe tailandesa') segundo a Lei de profesións médicas tradicionais tailandesas, BE 2556 (2013).[2]
A UNESCO engadiu a masaxe tailandesa tradicional na súa lista de Patrimonio Cultural Immaterial da Humanidade en decembro de 2019.[3][4][5]
Efectividade
editarTodos os tipos de masaxe, incluída a masaxe tailandesa, poden axudar ás persoas a relaxarse, aliviar temporalmente a dor muscular e/ou articular e mellorar temporalmente o estado de ánimo dunha persoa. Porén, as afirmacións de moitos profesionais van moito máis alá dos efectos ben demostrados polos estudos clínicos.[6] Algúns médicos cuestionan a súa eficacia.[7]
Notas
editar- ↑ Cowen, Virginia S.; Burkett, Lee; Bredimus, Joshua; Evans, Daniel R.; Lamey, Sandra; Neuhauser, Theresa; Shojaee, Lawdan (2006). "A comparative study of Thai massage and Swedish massage relative to physiological and psychological measures". Journal of Bodywork and Movement Therapies 10 (4): 266–275. doi:10.1016/j.jbmt.2005.08.006.
- ↑ Traditional Thai Medical Professions Act, BE 2556 (2013).
- ↑ "Nuad Thai, traditional Thai massage". UNESCO Intangible Cultural Heritage of Humanity. United Nations. Consultado o 13 de decembro de 2019.
- ↑ Wipatayotin, Apinya (13 de decembro de 2019). "Unesco lists Nuad Thai as an 'intangible cultural heritage'". Bangkok Post. Consultado o 13 de decembro de 2019.
- ↑ "Unesco heritage: Traditional Thai massage added to 'cultural heritage' list". BBC News. 13 de decembro de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2019.
- ↑ Heid, Markham (2018-01-03). "You Asked: Do Massages Have Real Health Benefits?". Time. Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ Barrett, Stephen (9 de marzo de 2006). "Massage Therapy: Riddled with Quackery". Quackwatch. Consultado o 7 de xaneiro de 2016.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Masaxe tailandesa |