Masacre de Corumbiara

O masacre de Corumbiara foi o resultado dun conflito violento ocorrido o 9 de agosto de 1995 no municipio de Corumbiara, no estado de Rondônia, Brasil. O conflito comezou cando forzas policías atacaron a sen-terra que estaban ocupando unha área, resultando na morte de 10 persoas, entre elas un pícaro de nove anos e dous policías.[1]

En agosto de 1995, cerca de 600 labregos mobilizáronse para tomar a Facenda Santa Elina, construíndo un campamento no latifundio improdutivo. Na madrugada do día 9, por volta das tres horas, pistoleiros armados, recrutados nas facendas da rexión, alén de soldados da Policía Militar cos rostros cubertos, iniciaron os ataques ao campamento.

O número oficial de mortos no masacre é de 16 persoas e hai sete desaparecidos. Para os agricultores, o número de mortos pode ter pasado de 100 pois, segundo eles, moitos máis terían sido mortos por policías e jagunços, e enterrados sumariamente. Despois de horas de tiroteo, os campesiños non tiñan máis municións para as súas armas. O Comando de Operacións Especiais, comandado na época polo capitán José Hélio Cysneiros Pachá, tirou bombas de gas lacrimóxeno e acendeu canóns de luz contra as familias. A matanza ocorreu no goberno do agora senador Valdir Raupp (PMDB).

As mulleres foron usadas como escudo humano polos policías e polos jagunços do facendeiro Antenor Duarte. A pequena Vanessa, de apenas seis anos, foi atravesada por unha bala "perdida", cando corría canda a súa familia. Cincuenta e cinco poseiros ficaron gravemente feridos. Os laudos tanatoscópicos probaron execucións sumarias. O bispo de Guajará Mirim, don Geraldo Verdier, recolleu mostras de ósos calcinados en fogueiras do campamento e enviou a Faculté de Médicine Paris-Oeste, que confirmou a cremación de corpos humanos no campamento da facenda.

Desde 1985 os campesiños estaban organizados, tendo creado as vilas de Alto Guarajús, Verde Seringal, Rondolândia, e máis tarde o poboado de Nova Esperança - posteriormente cidade de Corumbiara. Dez anos despois, foron vítimas da masacre e aínda hoxe os parentes das vítimas agardan unha indemnización.

A asesoría xurídica da CPT RO e a CJP (Comissão Justiça e Paz de Porto Velho) acompañan o proceso xudicial a favor da indemnización das familias vítimas.

A Comissão de Constituição e Justiça e de Cidadania (CCJ) aprobou, o 24 de abril de 2013, a proposta que concede amnistía aos traballadores rurais e policías militares de Rondônia punidos no episodio coñecido como Masacre de Corumbiara. Dous campesiños foran condenados na ocasión, Claudemir Gilberto Ramos e Cícero Pereira Leite Neto, pola morte de dous policías. O Proxecto de Lei 2000/11, do deputado João Paulo Cunha (PT-SP), propuña a amnistía só para aos sen-terras.

O relator da proposta, o deputado Vieira da Cunha (PDT-RS), incluíu os policías militares, tras manifestacións doutros parlamentarios. “A anistia deve ser ampla e irrestrita”, afirmou.[2]

NotasEditar

  1. Direitos Humanos na Internet consultado en 25 de setembro de 2013.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2013.