Mary Fergusson

enxeñeira británica

Mary (Molly) Isolen Fergusson, nada o 28 de abril de 1914 en Stoke (Plymouth) e finada o 30 de novembro de 1997 en Londres, foi unha enxeñeira civil británica, a primeira muller integrante da Institución de Enxeñeiros Civís, que a admitiu en 1957.[1][2]

Modelo:BiografíaMary Fergusson
Biografía
Nacemento28 de abril de 1914 Editar o valor en Wikidata
Stoke (Plymouth), Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 1997 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
York College for Girls (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Traxectoria

editar

Molly Fergusson, graduouse en enxeñaría civil na Universidade de Edimburgo en 1936, e para completar a súa formación foi contratada por dous anos en Blyth e Blyth de Edimburgo, sen soldo durante o primeiro ano.[2][3]

Permaneceu na empresa e traballou en pontes e outros proxectos de infraestrutura en Escocia,[4] Probablemente foi a primeira muller en ser nomeada socia principal dunha empresa consultora de enxeñaría en 1948.[5] O 15 de xaneiro de 1957 foi a primeira muller elixida como membro de pleno dereito da sociedade británica de enxeñeiros superiores, a Institución de Enxeñeiros Civís.[1]

Despois de xubilarse en 1978, continuou traballando como consultora e utilizou as súas ganancias para financiar unha bolsa universitaria para axudar aos estudantes de enxeñería. Tamén colaborou coa Women’s Engineering Society.[6]

En 1979 outorgóuselle unha Orde do Imperio Británico e en 1985 un Doutoramento Honorario en Ciencias na Universidade de Heriot-Watt.[5]

  1. 1,0 1,1 "Mary Fergusson". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Haines, Catharine M. C., International women in science: a biographical dictionary to 1950, p. 98
  3. Ewan, Elizabeth, editor. Pipes, Rosemary J., editor. Rendall, Jane, 1945- editor. Reynolds, Sian, editor. The new biographical dictionary of Scottish women. ISBN 978-1-78785-201-3. OCLC 1114616099. 
  4. Bottom, Hannah (2015-06-22). "First woman civil engineer remembered". New Civil Engineer (en inglés). Consultado o 2020-04-19. 
  5. 5,0 5,1 "Mary Isolen Fergusson". wealothianwomensforum.org.uk. Consultado o 2020-04-19. 
  6. "Scottish Engineering Hall of Fame". www.engineeringhalloffame.org. Consultado o 2020-04-19.