Marta Rodríguez Vispo
farmacéutica e política galega
Marta María Rodríguez-Vispo Rodríguez, nada en Ourense en 1962, é unha farmacéutica e política galega do PPdeG.
Marta Rodríguez Vispo | |
---|---|
Nacemento | 1962 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | política e farmacéutica |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo. Foi subdirectora do Complexo Hospitalario de Ourense (2002-2005). Foi concelleira en Ourense (2007-2011). Nas eleccións autonómicas de 2009 presentouse polo PPdeG e foi deputada en 2011 en substitución de Rosendo Luis Fernández Fernández. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada.