Marta Rodríguez-Vispo
farmacéutica e política galega
Marta María Rodríguez-Vispo Rodríguez, nada en Ourense en 1962, é unha farmacéutica e política galega do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política, farmacéutica |
Traxectoria
editarLicenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo. Foi subdirectora do Complexo Hospitalario de Ourense (2002-2005). Foi concelleira en Ourense (2007-2011). Nas eleccións autonómicas de 2009 presentouse polo PPdeG e foi deputada en 2011 en substitución de Rosendo Luis Fernández Fernández. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Parlamento Galego Arquivado 01 de outubro de 2016 en Wayback Machine.