Martín de la Puente

tenista paralímpico galego

Martín de la Puente Riobó, nado en Vigo o 22 de xuño de 1999, é un tenista paralímpico galego. No ámbito nacional foi 6 veces Campión de España e número 1 da clasificación nacional. Participou nos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro de 2016 e Toquio de 2020. Pertence ao Real Club Náutico de Vigo.[1]

Modelo:BiografíaMartín de la Puente
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista en cadeira de rodas Editar o valor en Wikidata
Deportetenis en cadeira de rodas Editar o valor en Wikidata
Participou en
2021wheelchair tennis at the 2020 Summer Paralympics – men's singles (en) Traducir
2021wheelchair tennis at the 2020 Summer Paralympics – men's doubles (en) Traducir
2016wheelchair tennis at the 2016 Summer Paralympics – men's singles (en) Traducir
2016wheelchair tennis at the 2016 Summer Paralympics – men's doubles (en) Traducir
Wheelchair tennis at the 2024 Summer Paralympics – Men's singles (en) Traducir
Wheelchair tennis at the 2024 Summer Paralympics – Men's doubles (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica) Editar o valor en Wikidata

Facebook: 100057703315897 Twitter: tindelapuente Instagram: martindelapuente Editar o valor en Wikidata


Traxectoria

editar
 
A cidade de Vigo ós seus atletas.[2]

Aos dous anos de idade foi diagnosticado con síndrome de Proteus no Hospital de la Paz, en Madrid. Con 14 anos acumulou un total de 16 operacións, incluíndo a amputación do pé esquerdo.

Con apenas 14 anos conseguiu o seu primeiro Campionato de España, e nas seguintes temporadas conseguiu tres veces consecutivas o Campionato do Mundo sub 18. No ano 2016 acudiu aos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro, sendo o deportista máis mozo da súa modalidade, con tan só 17 anos e acadando un Diploma Paralímpico. Tamén participou nos Xogos de Toquio de 2020.

En 2022 posicionouse como número 1 da clasificación mundial de tenis en cadeira de rodas, na categoría de dobres, tras conseguir o seu primeiro Gran Slam, o Open dos Estados Unidos e a Copa de Mestres en categoría de dobres.

Graduouse no ano 2023 en Administración e Dirección de Empresas.

Palmarés

editar
  • N.º10 na clasificación mundial en 2021
  • Diploma Olímpico nos Xogos de Río de Xaneiro 2016 e Toquio 2020
  • Campión de 5 torneos internacionais ITF en 2019 e 2021
  • Campión de España Absoluto en 2014, 2016, 2017 e 2019
  • Campión do Mundo Júnior en 2015, 2016 e 2017.[3]
  1. Martín de la Puente na páxina web da Real Federación Española de Tenis (en castelán).
  2. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  3. Martín de la Puente Arquivado 09 de outubro de 2022 en Wayback Machine. na páxina web do seu patrocinador, Toyota (en castelán).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar