Martí Genís i Aguilar

Martí Genís i Aguilar, nado en Vic en 1847 e finado en 1932, foi un escritor catalán que pertence a Renaixença catalá.

Modelo:BiografíaMartí Genís i Aguilar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1847 Editar o valor en Wikidata
Vic, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1932 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Vic, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1112692

Traxectoria

editar

Fillo dunha familia burguesa, estuda no seminario de Vic e seguindo a tradición familiar farmacia en Barcelona, e logo de licenciarse e facer a súa tese doutoral regresou a Vic en 1875 para exercer de farmacéutico e profesor do instituto local en 1877, intégrase plenamente na vida cultural da cidade, da que presidirá o seu Círculo literario (1884-1885), e en 1890 foi o mantedor dos Xogos Florais de Barcelona. En 1893 preside os Xogos Florais de Manlleu. Foi elixido concelleiro de Vic en 1905.

Estaba familiarizado coa literatura grega e romana desde os seus anos de seminario, complementados con lecturas dos principais escritores románticos europeos.
Colaborador da prensa local, en 1865 escribiu o seu primeiro artigo, e ao longo dos anos escribiu para Diario de Vic, La Renaixença, La Veu de Catalunya ou La Il.lustració catalana.

En 1867 publicou os seus primeiros poemas na escolma de poetas locais La garba muntanyesa, cunha poesía tipicamente romántica. En 1868 escribiu o drama Lo paquetaire, e nunha época no que a novela catalá estaba aínda por desenvolver publica Julita (escrita en 1869, publicouse en 1874 en La Renaixença), novela romántica, á que seguen Sota un tarot (1876), La Merce de Bellamata (1878), De la batalla de Vic a l'acció de Roda (1881), Novel.les (1882), Passavents (1887), La Reineta de Cadí (1892).

Co comezo do século XX diminúe a súa contribución ás letras cataláns, centrándose sobre todo en escribir contos, dos que publicará varias escolmas.